Páginas

18/03/14

O Agasallo de Anya

Como Sabela llo dedicou a el, O Rato Fumador quixo se-lo primeiro da casa en ler "O agasallo de Anya". Foise para o seu cuarto-naveta e alí comezou a lectura, mais como o librazo se lle facía un pouco grande para lelo no seu xergón, okupou o sofá dos humanos que vivimos na súa casa e alí rematouno. Gustoulle moito. Dixo que daban ganas de procrear agora de vello para poder lerlles o libro ós ratos dende pequeniños. Moitos PARABÉNS, Sabela.